martes, 29 de outubro de 2013

POR FIN...SAMAÍN !!!!

ESTA TARDE CELEBRAMOS O SAMAÍN COAS FAMILIAS.
Todos o pasamos moi ben!
Houbo diferentes actividades:
-Taller de cabazas



-Pintamos imáxenes relacionadas co samaín




-Fixemos gusanos e fantasmas...




-TAMÉN NOS POIAMOS PINTAR COMA OS VAMPIROS, OU DE CABAZA...









-PERO AO FINAL PROBAMOS POSTES TERRORÍFICOS...


 ESTA CABAZA PARECE BOOOAAAA!



 ESTES DEDOS ESTÁN  PARA COMEEEEEEEERRRRRRSEEEEE !!!!!!!!!!



-DESPOIS DE TANTO TRABALLAR, O RESULTADO É ESTE:



GRAZAS A TODOS OS QUE NOS ACOMPAÑASTES ESTA TARDE, AGARDAMOS QUE O PASARADES BEN.
Hai moitas máis fotos que as subiremos á páxina web do colexio, no apartado de EQUIPO DE EXTRAESCOLARES.
MIRÁDEAS. UN SAÚDO.

luns, 28 de outubro de 2013

GRAZAS LUCÍA POLO VÍDEO!!!!

Hoxe a mamá de Sara enviounos unha nota na axenda para compartir connosco unha canción de youtube  sobre os recortes: "NO RECORTES NO"http://youtu.be/KSZ4GphLgT4

xoves, 24 de outubro de 2013

Adrián trouxo a súa mochila viaxeira

Como cada semana, os rapaces traen o caderniño da mochila viaxeira coas opinións da súa familia.
Fixádevos no tigre que trouxo Adrián!

CHEGA O SAMAÍN!!!!!!

BOS DÍAS FAMILIAS!
Como é tempo do Samaín, fixemos un mural de vampiros.
Mirade as fotos:




mércores, 16 de outubro de 2013

COMO NOS ENTRETÉN A LECTURA !

Queridas familias: grazas por colaborar de maneira tan bonita á hora de opinar sobre os libros da "MOCHILA VIAXEIRA".
Ata o de agora só dous compañeiros a levaron e este é o traballo que realizaron xunto coas súas familias.





Estes animaliños saíron do mesmo conto. A ver  qué nos traes tí.

APRENDEMOS A RECICLAR CO CONCELLO!

Esta mañá viñeron a darnos unha charla sobre RECICLAXE. Aprendemos a facelo e o practicamos. Ao chegarmos a casa ímoslle dicir ás nosas familias como o hai que facer para reciclar correctamente.
Ao finalizar a charla e a práctica regaláronnos unhas bolsas para a reciclaxe na casa, un libriño explicativo e unha camiseta co símbolo de reciclado.







 A MIN TOCOUME RECICLAR VIDRO, QUE NON PODEMOS CONFUNDIR CO CRISTAL. O VIDRO SE RECICLA, O CRISTAL NON.







 A MIN TOCOUME TIRAR AO LIXO UN PRODUTO QUE NON SERVE PARA RECICLAR, POR ISO VAI AO LIXO.




 IMOS SUBINDO PARA RECOLLER  O AGASALLO QUE NOS ENTREGA A MONITORA QUE NOS EXPLICOU O QUE PODEMOS RECICLAR E O QUE NON, E NOS AXUDOU A DISTINGUIR OS CONTENEDORES.
PREPARÁDEVOS, PAPÁ,MAMÁ, AVÓS... IMOS RECICLAR TODOOOOO !!!

O PRIMEIRO EXAME DO CURSO.AI,AI,AI!!!!!!!

Hola queridas familias!
querémosvos dicir que esta mañá fixemos un exame que, aínda que non é tan difícil sempre nos poñemos nerviosos. Fixádevos se estamos concentrados ou non.

martes, 8 de outubro de 2013

ESTUDAMOS AS SÍLABAS

Onte aprendemos a separar  as sílabas, que son os golpes de voz con que pronunciamos as palabras.

As palabras segundo o número de sílabas que teñen divídense en:
1-Monosílabas,teñen 1 sílaba.(PAN)
2-Bisílabas,teñen 2.(MESA)
3-Trisílabas,3 sílabas.(TOMATE)
4-Polisílabas,4 ou mais.(ARTICULACIÓN).

Fixemos varios exercicios para practicalo e nos gusta moito dividir as palabras en sílabas, é como un xogo entretido.

Papás e mamás: axudádenos a facelo na casa, a ver si aprendemos todos, ou buscamos na Internet, ou en Jueduland.
Moitas grazas.

mércores, 2 de outubro de 2013

RESTAMOS

Hoxe aprendemos que os elementos da RESTA son:


        97     MINUENDO

-      45     SUSTRAENDO
---------
       5 2  DIFERENCIA


Temos que recordalo e practicar moito !