mércores, 11 de decembro de 2013

APRENDEMOS A ATAR CORDÓNS


Grazas á insistencia aprenderemos a atar os cordóns dos zapatos. Pero para iso tivemos que preparar o ZAPATO E DESPOIS COLOCARLLE O CORDÓN.
















E A `PRACTICAAAAARRRRRR!!!!



TRABALLAMOS TANTO...!

Fixádevos cómo se entreteñen os vosos fillos mentras que exercitan coas tixeiras,lapis, pinturllas...
traballan un montón para que o  resultaltado  resulte agradable.
E o consiguen.Non tendes máis que observar os traballos:

 A Pablo e a Lucas se lles ve tranquilos.

Hugo  moi concentrado.

Martín metido nun embrollo coas tixeiras, que pronto solucionou...




 Gael xa está centrado nas liñas, para dobrar sen erros.


Adrián vai mais ou menos na mesma fase.



Sara está a piques de rematar...






E Aldara xa rematou.

PERO ISTO CONTINÚA.
Cando esté realmente rematado ensinareivos a foto.






luns, 9 de decembro de 2013

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

Esta mañá fomos ao Teatro Caixanova para ver a obra que indicamos arriba.
Gustounos moito porque había conversa e cancións.
Participamos con  palmas e cantando.

Ahí vai o video e fotos:



Non vos perdades esta foto: un dos protagonistas preguntounos se nos gustou o espectáculo e puidemos facer unha foto con el !!!!!!

Como foi á saída, os compañeiros que faltan xa saíran cos outros mestres que nos acompañaron. Qué pena!



mércores, 4 de decembro de 2013

HOXE contamos un conto aos pequenos de 3 anos.

Como xa sabedes, somos de 2º curso. Nótase moito: xa sabemos ler, escribir, restar con levadas...en fin, unha serie de cousas que aprendemos a medida que pasa o tempo.
 Por iso, tócanos ensinar e divertir aos máis pequenos.
Esta mañá, na Biblioteca do cole, falámoslles das normas que hay que cumplir  cando imos a ler ou buscar libros na mesma.
E tamén lles lemos dous libros...e cantamos.
Fixádevos:












Ensaios para o Nadal

Hola a to@s.
Estamos a ensaiar o baile-canto para representar o día do Festival de Nadal.
Non podemos poñer fotos porque perdería toda a gracia.
Aprendemos moi rápido.Xa saberedes cousas un pouco máis adiante. Abuurrrr.

Bueno, mellor poñemos un par de fotiñas: