luns, 16 de marzo de 2020

Estudamos, xogamos e creamos.

Sempre xuntos,aprendendo a compartir, a esperar turnos, a dar ideas e a acudar aos demais, a realizar as tarefas autonomamente...





















sábado, 14 de marzo de 2020

E chegou o Magosto

Como cada ano a celebración desta festa non pode faltar.
Coñecemos a árbore que  da a Castaña a través dun video e facemos fichas para afondar no seu coñecemento.
Tamen coñecemos o seu sabor a través da degustación de castañas asadas.
Fixemos xogos relacionados con ese froito.
Mmmmmmm....boísimas.




















Os ósos

Hai maneiras moi distintas de estudar o noso corpo.
Nesta ocasión estabamos aprendendo os ósos.Vimos un video, limos a información do libro, fixemos fichas...e rematamos cubrindo unha imaxe do esqueleto humano con plastilina.









xoves, 12 de marzo de 2020

Temos visita

Tamén recibimos a visita dun grupo de mestres da Escola de música de Redondela que viñeron para ensinarnos os distintos instrumentos.Poderemos elixir e estudar música.Quen sabe!