luns, 15 de abril de 2019

Braille



Este alumnado é verdadeiramente incribe.Queten buscar información, falar sobre o que aprenden, expoñer...








Como nos gusta tantísimo facer traballos en grupo e insistímoslle tanto á mestra que nos mandase facer outro, devidiu que fose sobre o sistema de escritura para cegos: o Braille.
Aprendemos un montón de cousas novas que non sabiamos.
O mestre Fernando Tamén nos deu unhas nocións e con el aprendemos a pór os nosos nomes co alfabeto Braille...e moito máis.
Grazas profe!

A que sabe a Lúa?

O venres representamos teatro para os nenos de 4/5 anos.



mércores, 10 de abril de 2019

Ledicia Costas

Estabamos desexando coñecer á gran Ledicia Costas que tan ben nolo fai pasar mentras lemos os seus libros.
Convirte o Alén en algo tan divertido que en lugar de asustarnos estamos desexando ver si é tal como ela describe.jajaja.
Sabemos que non, pero non importa porque as súas historias encántannos.
Grazas por virLedicia e por facernos pasar un rato tan divertido contigo.









venres, 5 de abril de 2019

O dinosetiño recicla

Esta mañá visitounos o camión do reciclado do Concello, para ensinarnos a facelo ben.
Cunha representación moi divertida e amena foinos dicindo en que contedor debemos meter cada material que queremos reciclar.
Ademais participamos moito e cantamos co dinoseto e dinosetiño.
Deronnos in agasallo ao rematar.






mércores, 3 de abril de 2019

A Reconquistiña

Por fin este curso asistimos á festa a Reconquistiña de Vigo.
Houbo varios pasos anteriores q nos levaron moito tempo, pero a implicación dalgúns papás e mamás fixo que fose pisible rematar a tempo.
Primeiro solicitaron carteis feitos poli alumnado cun debuxo da Reconquista. Olivia resultou premiada cun accésit.
Máis tarde pedíronnos que fixésemos os tambores , momento que os papis e mamis non dudaron para mostrarse tan colaborafores coma sempre: uns trouxeron os botes que serviron de base, outros puxeron outro matetial, outros puxeron a man de obra, outros prestaron traxes para que puidesen ir vestidos de época todos os nenos e nenas, outros nos acompañaron o dia da festa....Non teño palabras suficientes para agradecérvolo infinitamente.GRAZAS