mércores, 22 de maio de 2019

Qué será?

Unha caixa de zapatos nas mans duns nenos e nenas pódese transformar en...
Teremos q agardar un pouco para sabelo.jeje





luns, 20 de maio de 2019

Libro do corpo humano

Estamos a piques de rematar o libro dos sistemas ,aparatos e órganos do corpo humano.
Parece sinxelo , pero está feito con plastilina que é máis divertido que pintar ,ainda que ten a súa complicación.O resultafo é moi chamativo.

Equilibrio?

Temo


s que mover as mans e as pernas...aprender a coordinar as mans coas pernas...coa vista...
En fin, temos que xogar un pouco coas peloras de tenis.











xoves, 16 de maio de 2019

Festival fin de curso 2019

O traballo das titoras e o do mestre de música para que os festivais saian ben é grande.Os nenos e nenas esfórzanse para facer todo o mellor posible...por iso o resultado foi precioso.
Grazas ás familias por vir.
Grazas aos pais e nais que viñestes a colaborar e a mostrarnos os vosos coñecementos musicais e a deleitarnos co son dos instrumentos que tan ben tocades, e grazas a Ana(mamá de Sabela) e a Marta(mestra de PROA)por esa preciosa voz...




Letras galegas

Como non! Celebramos as Letras galegas cun video de Antón Fraguas e coñecemos os traballos que fixemos nas titorías: tipico galego.











venres, 10 de maio de 2019

Axudádesnos

Grazas ás familias colaboradoras a Sala do Universo está en marcha.Moi pronto estará rematada.

mércores, 1 de maio de 2019

Simulacro

Sempre hai q estar preparados para actuar con sentido ante unha adversidade como pode ser un incendio.
No colexio xa temos feito algún simulacro, pero nunca coa participación da unidade de prevención , do 112 e dos bombeiros.
Nesta ocasión a simulación foi completa.