venres, 29 de novembro de 2013

FUTUROS PARTICIPANTES DE "PASAPALABRA"

Fixádevos ben nos vosos fillos e fillas. Son uns verdadeiros famentos de saber. É o momento idóneo para ensiñarlles, para deixar que aprendan.
Agora encántalles consultar o dicionario, queren coñecer todo. A curiosidade é unha verdadeira arma marabillosa neste caso.
Estes vídeos son unha proba do que digo.Divertido!










mércores, 27 de novembro de 2013

ELEXIMOS DEBUXO PARA O ALMANAQUE DESTE ANO

Como xa sabedes, o colexio agasalla cun calendario a todas as familias no Nadal.
Este curso decidiuse que o tema dos debuxos fosen as distintas árbores.
Ao curso de 2º tocounos debuxar a CERDEIRA, co seu froito tan saboroso: a CEREIXA.
Despois de observar na Internet cómo é a cerdeira, que follas ten, como é o seu froito... os nenos e nenas fixeron un debuxo do mesmo.
Como só podemos elexir un, pareceunos que o máis completo é o de SARA.
Aquí tendes todos e cada un deles; poderedes comprobar por vós mesmos se é o máis representativo ou non.
Noraboa a Sara. Os demáis non deben disgustarse porque cada ano ten a opción de ser o elexido.
Todos son preciosos, pero este é o máis completo.








CONTINUAMOS COA MOCHILA VIAXEIRA A TODA MARCHA

Esta semana foi MARTÍN quen devolveu a mochila, despois de léla na casa compartíndoa coa familia. O resultado do seu traballom  é o seguinte:





FELIZ DÍA ADRIÁNNNNNN!

Outro máis que se nos fai un mozo. Non nos esquecemos de ningún. Xa lle cantamos o feliz cumpleanos todos xuntos. Que teñas un bo día e que cumplas moitos máis!!!!

luns, 25 de novembro de 2013

ESTES SÍ QUE SON DINOSAURIOS!

O outro día fomos visitar a exposición de DINOSAURIOS máis tremenda que viramos nunca.
Parecían de verdade. Eran inmennnnsosss.
Volvemos encantados para a escola.
E agora vemos moitos libros sobre eles, algúns prestóunolos a mestra Julia.Grazas!







domingo, 24 de novembro de 2013

RECORDADES A XORNADA DE PORTAS ABERTAS DOS BOMBEIROS?


O espectáculo que nos ofreceron os bombeiros foi chamativo de verdade. Tiñan actividades preparadas para os máis pequenos pero tamén para os grandes. Algunhas das fotos son estas:









O SIMULACRO DE ACCIDENTE DE COCHE E SALVAMENTO DA VÍCTIMA FOI MOI TRABALLADO

BAIXAR Á VÍCTIMA É UN DOS MOMENTOS MÁIS DIFÍCILES, CON CUIDADO, PASENIÑAMENTE


 MOI BEN, RAPACES!. SE COÑECEDES COMO TRABALLAN, APRENDEDES A RESPETAR O SEU OFICIO




PARECÍANOS MOI DIFÍCIL TODO O QUE FACÍAN





 A MESTRA TAMÉN ACUDIU, PORQUE O SEU HOME É BOMBEIRO




 TRABALLARON EN EQUIPO PARA QUE TODO LLES SAÍSE BEN


 ENTRE O  PÚBLICO ESTABA ÁGUEDA E A MAMÁ DE YOLANDA E JAVIER





MARTÍN, OS SEUS IRMÁNS E O SEU PAPÁ FORON VER O ESPECTÁCULO

NOVOS RESULTADOS DA MOCHILA VIAXEIRA. QUÉ BONITOOO!!!!

Cada mércores chegan os alumnos cargados de sorpresas dentro do Diario da Mochila Viaxeira. Agradecemos ás familias a colaboración que están mantendo, así como o interese que amosan nesta actividade. Continúan os resultados espectaculares.Fixádevos


 IVANA E AS SÚAS RAS













ALDARA COA CABRIÑA DE "MAMÁ CABRA"

luns, 18 de novembro de 2013

ONTE FOI O CUMPLEANOS DE MARTÍN E DE YOLANDA

FELIZ CUMPLEANOS DE PARTE DE TODOS!!!
O día 17 coincidiu o cumpleanos de Yolanda e Martín coa xornada de portas abertas do parque de bombeiros. Coincidimos alí. Gustounos moito ver como os bombeiros realizaban tarefas tan difíciles como rescatar a unha persoa a gran altura, ou dentro dun coche despois de sufrir un accidente.

QUE CUMPLADES MOITOS MÁAAAAAAAAAAISSSSSSS!!!!

venres, 15 de novembro de 2013

OS BOLECHAS NOS MIMAN!!!!

O martes fixemos unha saída ao teatro García Barbón par coñecer aos protagonistas dos contos que tantas historias boas nos fan vivir. Con eles viaxamos, coñecemos oficios, aprendemos a reciclar...

PRIMEIRO ATOPAMOS APARCADO O SEU COCHE DIANTE DO TEATRO


AO ENTRAR ESPERÁBANOS UNHA RAPAZA QUENOS DEU UNHA CHARLA, UNS CANTOS PERIODISTAS QUE NOS FIXERON FOTOS E UN CÁMARA DE TV.
 REGALÁRONNOS O ÚLTIMO LIBRO PUBLICADO
FIXÉRONNOS MOITAS CARANTOÑAS...QUE LINDOS!

 CANTAMOS E BAILAMOS CON ELES POLO MEDIO, DÉMOSLLES  BICOS, AGARRÁMOSLLES A MAN, NOS ABRAZAMOS...


 E O SEU AUTOR, PEPE CARREIRO, FÍXONOS UN DEBUXO DEDICADO.

NON NOS ESQUECEMOS UXÍA!

O cumpleanos de Uxía está a punto de celebrarse. Xa ten un ano máis. FELICIDADES. UN BICO!!

luns, 11 de novembro de 2013

Fixádevos que pinta teñen estes flans que fixo a familia de Anxo !!

Que rico estaba este monstruíño Franquestein!!






ADEMÁIS TÉMOSVOS QUE ENSINAR COMO VIÑEMOS DISFRAZADOS O DÍA DO SAMAÍN.



  VISITAMOS A SALA DO MEEEEDOOOOO!!!!!



E HOXE O MAGOSTO!!!

Eiquí nos vedes cos PORTACASTAÑAS que trouxemos da casa.


 E PINTAMOS UNHA CASTAÑEIRA.










mirade o tambor donde se asaron as castañas


E COMO NOS GUSTARON!
PERO ANTES XOGAMOS Á CORDA, Á CULLER E Á PELOTA NA FRONTE.
DIVERSIÓN, CASTAÑAS, FESTA!!