venres, 27 de setembro de 2013

Cumpleaños de Ivana

Como  hoy  es el cumpleaños de Ivana le cantamos el "cumpleaños feliz" y le deseamos que CUMPLAS  MUCHOS  MÁS!


domingo, 22 de setembro de 2013

UNHA CLASE SOBRE O CORPO HUMANO



BO DÍA!
Todos coñecemos o maravilloso que é utilizar as TICS pero non sempre hai a cobertura precisa.
Hoxe intento subir un video donde os vosos fill@s fan unha frase con palabras referentes a algunha parte do corpo humano, tema que estamos a estudar, e que poden repasar na casa en libros que teñades, ou consultando internet...axudádeos a aprender.

xoves, 19 de setembro de 2013

Compartimos momentos de aprendizaxe

Hola a todos de novo!
Fixádevos como os vosos fillos e fillas comparten momentos de lectura. Cada un interésase polo que máis lle atrae. As explicacións entre eles axúdanlle a formar un grupo moi unido.



DÁMOSLLE AS GRAZAS Á MESTRA LAURA E AOS SEUS ALUMN@S QUE NOS PRESTARON ESTES LIBROS, CREADOS POR ELES.
ENCANTÁRONNOS!

martes, 17 de setembro de 2013

Grazas pola vosa colaboración e interés

Hola familias!
Como nos gusta saber  que seguides o noso blog. Lemos os comentarios entre todos e nos serve como incentivo para traballar nas aulas.
Os vosos fillos e fillas están encantados de que compartades algunhas das actividades con eles.Por suposto non nos será posible poñelas todas porque estariamos colgados do ordenador toda a mañá; pero seredes partícipes do que lles gusta aprender.
Cada día un deles escribirá no blog, como se do diario en papel se tratase.

Grazas por seguirnos!

Hola familias!
Estamos supercontentos de que nos sigades e escribades comentarios no noso blogue.
Hoxe queremos dicirvos que saíu no periódico un anuncio que nos pode interesar a todos:
CUENTACUENTOS EN LA BIBLIOTECA DE CHAPELA
El viernes20 de septiembre a las 18:30 horas en la Agencia de Lectura de Chapela, la cuentacuentos Raquel Queirán llega con "Historias de la maleta"
En la biblioteca del Multiusos del Piñeiral.
Entrada libre.

xoves, 12 de setembro de 2013

Saimos nos medios de comunicación

Hoxe a noticia da visita do Alcalde saiu en todos os medios de comunicación.
Faro  de Vigo e o Atlántico Diario, Localia, Televigo...
Vimolo na aula por internet esta mañá.

venres, 6 de setembro de 2013

Benvida


Hola! Son Teresa, a mestra de 2° de E.P.
Este curso 2013/14 utilizaremos as TIC para informar ás familias das actividades e eventos que levaremos a cabo na nosa aula e no colexio en xeral. Serviranos tamén como recurso para realizar diferentes actividades co alumnado.
Espero que nos sigades con entusiasmo.

 Grazas e un saúdo.