martes, 17 de setembro de 2013

Grazas pola vosa colaboración e interés

Hola familias!
Como nos gusta saber  que seguides o noso blog. Lemos os comentarios entre todos e nos serve como incentivo para traballar nas aulas.
Os vosos fillos e fillas están encantados de que compartades algunhas das actividades con eles.Por suposto non nos será posible poñelas todas porque estariamos colgados do ordenador toda a mañá; pero seredes partícipes do que lles gusta aprender.
Cada día un deles escribirá no blog, como se do diario en papel se tratase.

Ningún comentario:

Publicar un comentario