mércores, 11 de decembro de 2013

APRENDEMOS A ATAR CORDÓNS


Grazas á insistencia aprenderemos a atar os cordóns dos zapatos. Pero para iso tivemos que preparar o ZAPATO E DESPOIS COLOCARLLE O CORDÓN.
















E A `PRACTICAAAAARRRRRR!!!!



TRABALLAMOS TANTO...!

Fixádevos cómo se entreteñen os vosos fillos mentras que exercitan coas tixeiras,lapis, pinturllas...
traballan un montón para que o  resultaltado  resulte agradable.
E o consiguen.Non tendes máis que observar os traballos:

 A Pablo e a Lucas se lles ve tranquilos.

Hugo  moi concentrado.

Martín metido nun embrollo coas tixeiras, que pronto solucionou...




 Gael xa está centrado nas liñas, para dobrar sen erros.


Adrián vai mais ou menos na mesma fase.



Sara está a piques de rematar...






E Aldara xa rematou.

PERO ISTO CONTINÚA.
Cando esté realmente rematado ensinareivos a foto.






luns, 9 de decembro de 2013

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

Esta mañá fomos ao Teatro Caixanova para ver a obra que indicamos arriba.
Gustounos moito porque había conversa e cancións.
Participamos con  palmas e cantando.

Ahí vai o video e fotos:



Non vos perdades esta foto: un dos protagonistas preguntounos se nos gustou o espectáculo e puidemos facer unha foto con el !!!!!!

Como foi á saída, os compañeiros que faltan xa saíran cos outros mestres que nos acompañaron. Qué pena!



mércores, 4 de decembro de 2013

HOXE contamos un conto aos pequenos de 3 anos.

Como xa sabedes, somos de 2º curso. Nótase moito: xa sabemos ler, escribir, restar con levadas...en fin, unha serie de cousas que aprendemos a medida que pasa o tempo.
 Por iso, tócanos ensinar e divertir aos máis pequenos.
Esta mañá, na Biblioteca do cole, falámoslles das normas que hay que cumplir  cando imos a ler ou buscar libros na mesma.
E tamén lles lemos dous libros...e cantamos.
Fixádevos:












Ensaios para o Nadal

Hola a to@s.
Estamos a ensaiar o baile-canto para representar o día do Festival de Nadal.
Non podemos poñer fotos porque perdería toda a gracia.
Aprendemos moi rápido.Xa saberedes cousas un pouco máis adiante. Abuurrrr.

Bueno, mellor poñemos un par de fotiñas:







venres, 29 de novembro de 2013

FUTUROS PARTICIPANTES DE "PASAPALABRA"

Fixádevos ben nos vosos fillos e fillas. Son uns verdadeiros famentos de saber. É o momento idóneo para ensiñarlles, para deixar que aprendan.
Agora encántalles consultar o dicionario, queren coñecer todo. A curiosidade é unha verdadeira arma marabillosa neste caso.
Estes vídeos son unha proba do que digo.Divertido!










mércores, 27 de novembro de 2013

ELEXIMOS DEBUXO PARA O ALMANAQUE DESTE ANO

Como xa sabedes, o colexio agasalla cun calendario a todas as familias no Nadal.
Este curso decidiuse que o tema dos debuxos fosen as distintas árbores.
Ao curso de 2º tocounos debuxar a CERDEIRA, co seu froito tan saboroso: a CEREIXA.
Despois de observar na Internet cómo é a cerdeira, que follas ten, como é o seu froito... os nenos e nenas fixeron un debuxo do mesmo.
Como só podemos elexir un, pareceunos que o máis completo é o de SARA.
Aquí tendes todos e cada un deles; poderedes comprobar por vós mesmos se é o máis representativo ou non.
Noraboa a Sara. Os demáis non deben disgustarse porque cada ano ten a opción de ser o elexido.
Todos son preciosos, pero este é o máis completo.








CONTINUAMOS COA MOCHILA VIAXEIRA A TODA MARCHA

Esta semana foi MARTÍN quen devolveu a mochila, despois de léla na casa compartíndoa coa familia. O resultado do seu traballom  é o seguinte:





FELIZ DÍA ADRIÁNNNNNN!

Outro máis que se nos fai un mozo. Non nos esquecemos de ningún. Xa lle cantamos o feliz cumpleanos todos xuntos. Que teñas un bo día e que cumplas moitos máis!!!!

luns, 25 de novembro de 2013

ESTES SÍ QUE SON DINOSAURIOS!

O outro día fomos visitar a exposición de DINOSAURIOS máis tremenda que viramos nunca.
Parecían de verdade. Eran inmennnnsosss.
Volvemos encantados para a escola.
E agora vemos moitos libros sobre eles, algúns prestóunolos a mestra Julia.Grazas!