mércores, 27 de novembro de 2013

ELEXIMOS DEBUXO PARA O ALMANAQUE DESTE ANO

Como xa sabedes, o colexio agasalla cun calendario a todas as familias no Nadal.
Este curso decidiuse que o tema dos debuxos fosen as distintas árbores.
Ao curso de 2º tocounos debuxar a CERDEIRA, co seu froito tan saboroso: a CEREIXA.
Despois de observar na Internet cómo é a cerdeira, que follas ten, como é o seu froito... os nenos e nenas fixeron un debuxo do mesmo.
Como só podemos elexir un, pareceunos que o máis completo é o de SARA.
Aquí tendes todos e cada un deles; poderedes comprobar por vós mesmos se é o máis representativo ou non.
Noraboa a Sara. Os demáis non deben disgustarse porque cada ano ten a opción de ser o elexido.
Todos son preciosos, pero este é o máis completo.








1 comentario:

  1. Realmente resulta complicado decantarse por uno, difícil lo habéis tenido.
    Haciendo de MADRE, tengo que decir que el de Anxo es precioso.

    ResponderEliminar