luns, 17 de xuño de 2019

Alfombra de flores

Este ano a alfombra de flores que fixemos coa axuda de Jose e Kika foi feita con motivos do universo.
Cada neno e nena do colexio axudou á súa composición.
O resultado foi moi vistoso a pesares de que houbo pouca flor.
Grazas ,sempre, por axudarnos.








Astrónomo

O xoves 13 de xuño visitounos o astrónomo Luís Miranda para darnos unha charla sobre as estrelas e os planetas.
Gustounos moito.Grazas.
Tamén visitou a nosa Sala do Universo , quedou impresionado pola cantidade de traballos que fixemos e, ademais víu a alfombra de flores con motivos do univerdo que fixemos xunto a Kika e a Jose, aos que agradecemos a súa proposta e colaboración.
En agradecemento nós lle entregamos unha réplica do Observatorio de Forcarei.




luns, 10 de xuño de 2019

Mami lectora

Gústanos saber que as familias se interesan e participan das actividades que realizamos no colecio.
Nesta ocasión a mamá de Jessica veu, in ano máis, a ler e interpretar, xunto coa súa filla, un conto.
Moitas grazas de novo Yolanda.

Comparto coñecementos

Caleb é un neno absolutamente preparado para compartir coñecementos que adquire polo seu interese por aprender.
Neste caso falou de Alyssa Carson, a nena que pretende ser astronauta.
Na biblioteca expuxo durante 3 días para o alumnado de 3°, 4°, 5° e 6°.Grazas por compartir o que sabes.