mércores, 11 de novembro de 2015

Colaboración das familias

Estes son os vosos traballos da castaña.
Grazas a todos.Son preciosas.






Preparando o Magosto

Como cada ano,o magosto forma parte do noso currículo.Valoramos as tradicións e nos informamos e participamos dela.
Este curso decidimos reciclar transformando unha bolsa de papel do pan nun bol para meter es castañas o venres.O proceso é laborioso e o resultado precioso.jeej


























martes, 10 de novembro de 2015

Nos visitan

No colexio facemos moitas actividades.
Nesta ocasión visitounos o escritor, o cal nos fixo vivir 3 contos escritos por el, un deles adicado á súa filla; titulado " o soño de Ester".
Esta actividade fixémola a través do Equipo de dinamización de lingua galega.
A cousa non rematou ahí.Ao final fixemos un exercicio con lanternas e unha cámara de fotos, todo a escuras.O resultado impresionante.


venres, 6 de novembro de 2015

Pre_Magosto

Tan próximos estamos ao magosto que estamos a coñecer o froito tan preciado que se cociña ese día: a castaña.Estudamos o castiñeiro. Consultamos na Internet e vemos vídeos e cancións do magosto.Escoitamos e vemos contos: "A castiñeira" e "A castaña que reventou de risa".
E tamén debuxamos castañas con caras e lles poñemos barriguiñas.jeeje






mércores, 4 de novembro de 2015

xoves, 29 de outubro de 2015

Biblioteca

Esta mañá a metade da clase visitou a biblioteca do cole(a outra metade irá o vindeiro xoves) para participar das actividades propostas polo Equipo de Biblioteca.Nerta ocasión tratábase de atopar o conto do título q tiñan escrito.

A mestra Lina foi a encargada desta actividade.

Ilustrador futuro

Os alumnos e alumnas nunca deixan se sorprendernos.
Hoxe foi Óscar que nos trouxo un libro feito x el (con algunha axuda da súa familia segundo nos dixo),en relación co Samaín.Este é o traballo final: